Xeración Tri

Este mes que hoxe remata volvemos a marcar unha data sinalada na nosa historia. Agora si, somos quen de denominarnos a xeración Tri.
Adri é a socia do noso clube e a máis nova. Ainda que con quince días non podemos saber se será triatleta, xa é socia de pleno dereito. Adriana e socia do CTC, igual que os seus pais, e mailo seu tío e avó.
Avó e neta forman a “mesa de idade” do clube, e iste feito e unha ledicia para nos. Xa acadamos as tres xeracións.

Benvida ao mundo Adriana, a nosa Tricoruña con xen CTC. Felicidades aos pais, ao seu tío e avó.

Guía CTC 2021

Xa redes accesible o Link á Guía CTC 2021.Na barra lateral ou abaixo se accedes dende o teu teléfono móbil.
Na guía do CTC se describe a forma que un pódese facer socio do clube. Se tes cualquiera debida podes ponerte en contacto con nos a través do correo clubetriatloncoruna@gmail.com ou admin@clubtriatloncoruna.org, deixando o teu número de teléfono algún do club se pondrá en contacto para explicarte como unirte e o que facemos.

O Gran Capitán

Hai só dúas horas que Berto, o Gran Capitán, o Capi, anunciou aos membros do CTC que se toma un ano sabático. Aínda que algúns coñecíamos a noticia dende hai meses, sempre tiñamos o risco de esperanza de que se voltara atrás.

Berto é unha das persoas máis queridas do clube. Durante anos traballou arreo alimentando as noticias na antiga web, abrindo as inscripcións no foro, inscribindo nas carreiras, dando de alta as fichas e formando os equipos con excelente criterio. O seu traballo non é valorable.

O Capi non é home de moita verba, por iso cando fala a sua opinión ten o peso que ten. E como os membros do CTC xa o coñecemos, pois nada máis queda dicir. E ainda que o do seu ano Sabático xa non ten volta, xa descontamos os días para o seu regreso.

E penso que falo en nome de todos,… pero particularmente botarei de menos eses días de inscripcións e os nosos “agora podes, que eu poido”. Coido que seguiremos contando con él nas reunións da directiva, xa que como rezaba aquel proverbio, nada é mais ruidoso que o silencio.

Grazas,