O Gran Capitán

Hai só dúas horas que Berto, o Gran Capitán, o Capi, anunciou aos membros do CTC que se toma un ano sabático. Aínda que algúns coñecíamos a noticia dende hai meses, sempre tiñamos o risco de esperanza de que se voltara atrás.

Berto é unha das persoas máis queridas do clube. Durante anos traballou arreo alimentando as noticias na antiga web, abrindo as inscripcións no foro, inscribindo nas carreiras, dando de alta as fichas e formando os equipos con excelente criterio. O seu traballo non é valorable.

O Capi non é home de moita verba, por iso cando fala a sua opinión ten o peso que ten. E como os membros do CTC xa o coñecemos, pois nada máis queda dicir. E ainda que o do seu ano Sabático xa non ten volta, xa descontamos os días para o seu regreso.

E penso que falo en nome de todos,… pero particularmente botarei de menos eses días de inscripcións e os nosos “agora podes, que eu poido”. Coido que seguiremos contando con él nas reunións da directiva, xa que como rezaba aquel proverbio, nada é mais ruidoso que o silencio.

Grazas,

Volta a actividade da escola

Pouco a pouco imos voltando á chamada nova normalidade e tratando de contribuir á educación dos rapaces. Xa están dispoñibles os novos horarios da escola para o curso 2020/21.

Non deixedes de estar atentos, porque son susceptibles de variar en función das circunstancias sociais e sanitarias. De darse modificacións o comunicaremos nas nosas redes sociais.

A actividade estase a desenvolver cumprindo as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

Paseniño e amodo, pero mantendo a mesma ilusión, seguimos no camiño.

Suspensión das actividades da escola e adestramento de adultos

A causa da situación sanitaria que estamos padecendo, o Club Triatlón Coruña suspende durante este mes as actividades dos cativos e adultos.

Confiamos en que pronto volte todo a normalidade e a situación que vivimos sexa o menos grave posible.

Os mellores desexos para todos. Queremos mandar unha forte aperta a nosa compañeira Cris, que como enfermeira coidará de todos nos. Non pódese estar en mellores mans.