Novo pedido de roupa

O vindeiro mes cursaremos un novo pedido de roupa a AMURA.

Todolos nenos e adultos que se incorporaron nas últimas datas, podedes aproveitar para facer o voso pedido ata o vindeiro 7 de marzo. Para facelo é xinxelo, enviade un correo electrónico a clubetriatloncoruna@gmail.com, no asunto poñedes , e no corpo do correo indicades.

Prenda; Talla; Número de unidades; Prezo da prenda
Ao final do correo indicades a suma total.

Facede unha liña por cada prenda para facilitar o traballo.

Os tritraxes poden personalizarse sen custe. Se queredes personalizalo, tedes que indicar ao final da liga o nome que queirades que figure, en maiúscula.
Exemplo:
Tritraxe Masculino Elite; M; 1; 66,19.-€. GOMEZ-NOYA

Os diseños están nesta páxina en “A Roupa do CTC”. Algunhas prendas deben contar con pedido mínimo inicial para comenzar o seu proceso de fabricación, pero na maioría e máis importantes, xa foron acadadas en pedidos anteriores, polo que serviríanse unidades soltas. Calqueira dúbida podedes escribir un correo á dirección antes subliñada.

E xa para rematar, a roupa non hai que abonala ata que chegue, polo que hai tempo de facer peto.

As novas equipacións xa contan cos logos dos nosos patrocinadores e entidades que apoian ao clube, Deputación de A Coruña, Concello de A Coruña, ABANCA, TEAIS, CLIMATRAS, TRLogística e ACREDITA. Gracias a todos eles.

Comentarios pechados.