Nova tempada 2020

Chega o ano 2020 e comezamos as novas altas e renovacións de socios. Pero este ano vimos cargados de novidades.

No 2020, ademáis de triatlón, poderás federarte en Ciclismo co CTC. A creación da división de ciclismo busca que pequenos e maiores poidan competir coas cores do CTC e convertirnos no Clube ciclista que leve o nome de Coruña a onde cheguemos. Queremos apoiar e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte sostible, en resposta ás vías para ciclistas creadas nos últimos tempos.

Este ano os socios con licencia federativa, poderán disfrutar de uso de piscina de balde en determinados horarios. Ademáis de outros servizos,…

A Escola segue a incrementar a sua oferta de actividades, xa que seguemos a crecer en número de rapaces. Tamén podes unirte aos adestramentos para adulto.

Por último, esta tempada que está a piques de rematar, foi a de máis diversidade da nosa historia contando con máis cativos, mulleres e maior número de categorías con representación. Pero queremos seguir avanzando. Para iso creamos a cuota familiar, por só dez euros mais que a individual, para que todolos membros da familia poidan incorporarse. Que o clube de todos sexa tamén para todos.

Nas ligazóns á tua dereita (abaixo se estás no móbil ou pantalla pequena), tes a guía e o formulario para darte de alta con nós, e outra información. Pero se tes calqueira dúbida, podes escribirnos a clubetriatloncoruna@gmail.com ou admin@clubtriatloncoruna.org

Comentarios pechados.