30 anos cheos de ledicia
Neste ano 2019 o noso clube cumple trinta anos. Pero para entender a nosa historia actual, temos que voltar a mirada outros trinta atrás do 1989.
No 1959, estreábase en cines Ben-Hur, George Harrison acabara de coñecer a John e Paul e o grupo ainda non chamábase The Beatles,… e nacía o noso Triatleta máis veterano, quen nos representa hoxe en día na categoría V3.
Anos despois, no 2012, chegaba outra fermosa historia á carteleira, “A vida de Pi”. Adele seguía a arrasar co seu segundo álbum,… e nacía o nosa triatleta máis nova.
Enchenos de ledicia que neste trinta aniversario, o Club Triatlón Coruña sexa o máis diverso e coa máis grande representación da nosa historia, contando con representantes en moitas das diferentes categorías do noso deporte.
Tamén temos novos apoios para que este proxecto saira adiante. Abanca, TRLogística e Clydesa, súmanse no 2019 aos que xa estaban, a Deputación da Coruña, Teais, Casona la Raqueta, Austral, Fisioterapia Verónica Rey e Climatras. Gracias a todos por formar parte da nosa historia.