Escola de tríatlon

A creación da escola de triatlón dentro noso clube xurde co obxectivo de achegar os nosos pequenos e pequenas a este xa tan coñecido deporte: o Tríatlon.

A finalidade principal da escola e que os nenos e nenas participen e desfruten co deporte, ao tempo que adquiren unha serie valores fundamentais para a vida: compañerismo, solidariedade, respeto e traballo en equipo.

No noso clube consideramos o deporte un piar fundamental da educación dos cativos e cativas, por iso a escola e o seu progreso é o maior activo e a maior preocupación para o clube.

Dende o Club Triatlón Coruña convidamoste a que veñas a coñecernos .

Anímate, pasaralo ben.

Comentarios pechados.