Historia

O Club Triatlón Coruña fundouse no ano 1.989, daquela co nome de Club Triatlón Hércules. No ano 1.994 cambiou á sua denominación actual de Club Triatlón Coruña.

Inicialmente trátabase dun clube modesto formado por un pequeno grupo de aficionados a este deporte, pouco coñecido nese momento, co paso dos anos o clube foi medrando, contando cada vez cun maior número de fichas,  e tamén foi cambiando, de xeito que neste ano 2019 conta, por primeira vez na súa historia, cun equipo feminino e outro de menores.

O obxectivo do clube é fomentar este deporte en todos aqueles que queiran participar no mesmo, ademáis de tratar de abarcar todas as disciplinas relacionadas co mesmo (triatlón, duatlón e acuatlón) e en todas as distancias (mini-sprint, sprint, olímpico, media distancia, longa distancia e ironman).